top of page

Asociación Cultural "Ateneo Musical da Pobra"

Asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

 

Son fins principais da asociación:

  • Representación, defensa e promoción dos intereses sociais e culturais dos asociados.

  • A Banda de Música, nas súas disferentes seccións (infantil, xuvenil e adulta) como motor de convivencia social.

  • Organizar unha constante labor formativa e de promoción cultural dos seus asociados, axudándolle na súa formación musical.

  • Ensino das linguaxes musical  e instrumental en cada unha das súas formas de expresión.

  • Fomentar a solidariedade e convivencia do colectivo.

Para levar a cabo os seus fins, poderá a asociación organizar as seguintes actividades:

  • Intercambios culturais con outras asociacións do mesmo tipo.

  • Programación de cursos puntuais de formación musical.

  • Concertos varios dentro da Comunidade Autónoma.

  • Concertos puntuais no resto da Península Ibérica.

  • Seminarios permanentes de formación musical.

  • Creación de becas de estudo para os membros integrantes da Asociación.

  • Fomentar a creación de formacións dentro das Bandas e promover o seu traballo e a súa difusión.

A Asociación está representada por un equipo de seis músicos cuxo Presidente é D. Xacobe Fontán.

bottom of page